Gobierno de España. Ministerio de Hacienda y Función Pública. Abre nueva ventana Secretaría de Estado de Hacienda y Presupuestos - Secretaría General de Presupuestos y Gastos - Dirección General de Fondos Europeos
Administración Presupuestaria
Unión Europea

Guía de navegación

Com navegar pel Portal d'Internet de la Direcció general de Fons Comunitaris http://www.dgfc.sepg.minhafp.gob.es

O sitio web da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios ten máis de 600 páxinas e enlaces a máis dun millar de ficheiros relacionados coa temática sobre a que versa o sitio web: a política rexional comunitaria e española.

Co obxecto de facilitar o uso do sitio web, deseñouse unha estrutura de contidos e un sistema de navegación baseado nunha organización lóxica dos bloques temáticos do website. A continuación, explícase brevemente esta lóxica, co fin de configurar unha pequena guía de navegación para os que se achegan por primeira vez a este sitio.

Páxina principal

Na cabeceira, identifícanse os órganos de rango superior da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios no ámbito do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Sitúanse, así mesmo, nesta zona os accesos ás versións do portal nas distintas linguas oficiais do Estado, en inglés e francés, e o logotipo da Unión Europea.

Tamén se atopan o acceso ao mapa do portal, os enderezos de correo para atender as consultas dos usuarios sobre os contidos publicados, así como o organigrama desta dirección xeral e o buscador de contidos correspondente.

O corpo central, zona superior, estrutúrase en catro canles principais:

A zona media do corpo central indícanos o lema fundamental deste portal:

"Un xeito de facer Europa"

No resto do corpo central, mediante iconas e enlaces, ofrécense diversas informacións que explican e concretan as características e as funcións deste órgano da Administración.

Ademais, na marxe dereita, figuran referencias e descricións das últimas noticias relacionadas cos contidos específicos desta dirección xeral.

Xa na parte inferior deste corpo central, ofrécense enlaces a algunhas campañas institucionais da Administración xeral do Estado e un vídeo de presentación.

Por último, no pé de páxina, ofrécese información referente ao aviso legal, guía de navegación, accesibilidade, data da última actualización da páxina e grao de cumprimento de certos estándares de Internet.

Páxinas intermedias

Ao pasar da páxina principal ás secundarias, observamos que aparece na parte esquerda o menú de navegación, no que se desprega a estrutura correspondente e aparecen as canles principais.

As páxinas do sitio web organízanse en tres zonas esenciais: menú principal esquerdo (de tipo temático), zona superior (para o título da páxina e características desta) e zona central (como colector de información).

O menú esquerdo contén as ramas fundamentais da árbore de navegación do sitio web, ata o terceiro nivel de desagregación. As portas de entrada son de tipo temático (i.e: Inicio > A política rexional e os seus instrumentos >Outros instrumentos de política rexional > Fondo de Compensación Interterritorial).

A zona central de cada páxina é a colectora principal de información (gráfica, texto, vínculos interiores ou zona de descarga de ficheiros). Nesta zona inclúense tamén as desagregacións de menú inferiores ao terceiro nivel e a información propiamente dita. Cando se considera conveniente para os efectos da natureza da información proporcionada, inclúese unha presentación territorial da información. Dende un mapa de España accédese a unha síntese territorial, con desagregación de comunidades e cidades autónomas, sobre a información en cuestión.

Ao acceder a algunhas páxinas, podemos atopar que o acceso está restrinxido a aquelas persoas previamente rexistradas que dispoñan de "Usuario" e "Contrasinal". Nestas páxinas, atopará información abonda para solicitar as correspondentes credenciais de acceso que, unha vez recibidas, lle permitirán dispoñer da correspondente información restrinxida.

Na parte superior desta zona central, atópase o título da páxina e a ruta de navegación elixida á que posteriormente se fai referencia. Á dereita, na maior parte das páxinas, disponse de tres enlaces:

Mediante estes enlaces, poderemos acceder aos respectivos contidos específicos relativos aos contidos da páxina na que nos atopemos.

Aspectos xerais das páxinas

Gobierno de España. Ministerio de Economía y Hacienda. Secretaria de Estado de Hacienda y Presupuestos.Secretaria General de Presupuestos y Gastos. Direccion General de Fondos Comunitarios 

As cabeceiras de páxinas do portal mostran o logo institucional do Goberno, do ministerio, a xerarquía da que depende a Dirección Xeral de Fondos Comunitarios, a opción para acceder a versións noutras linguas, o buscador web e algúns menús auxiliares.

Mapa | Contactos | Organigrama

Des de l'escut institucional del Ministeri d'Hisenda i Funció Pública s'enllaça amb el Portal del Ministeri i des del logo de la Direcció general de Fons Comunitaris es pot tornar a tot moment a la pàgina d'inici d'aquest portal.

Situada no pé da páxina, a zona de menú complementario ofrece información referente ao aviso legal, guía de navegación, accesibilidade, data de última actualización de cada páxina e grao de cumprimento de certos estándares de Internet.

Como saber onde estamos?

No encabezamento que se atopa na parte superior do marco central das páxinas de navegación, aparece a canle, subcanle e tema do contido informativo no que nos atopamos.

Inicio > A política rexional e os seus instrumentos >Outros instrumentos de política rexional

Tamén nos podemos orientar en todo momento a través do enlace ao mapa, situado na zona de cabeceira de cada páxina.

Como cambiar de idioma?

O portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios ten gran parte dos seus contidos en versión multilinguaxe. Pódese navegar usando as linguas oficiais de España (castelán, catalán/valenciano, éuscaro e galego) e en dúas linguas estranxeiras (inglés e francés). O menú que permite a opción de idiomas atópase na cabeceira da páxina de inicio do portal e das canles principais.

Bienvenido | Benvingut | Ongi etorri | Benvido | Welcome | Bienvenue

Para visualizar a versión do portal nunha lingua distinta ao castelán (idioma por defecto), haberá que seleccionar a palabra "Benvido" na lingua correspondente á versión desexada.

Impresión de contidos

Para imprimir o contido de calquera páxina, pulsarase sobre a icona ou enlace

imagen impresora Versión imprimible

Web accesible, para persoas con discapacidade e para outros dispositivos de navegación

Este portal é accesible segundo os estándares WAI (AA) do W3C.

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A 

Recomendacións técnicas e programas necesarios para explorar este portal

  • As páxinas están optimizadas para os navegadores MS Internet Explorer versión 7.0 ou superior, Firefox 3.0 ou superior, Opera 9.0 ou superior, Safari 4.0 ou superior e K-Meleon 1.5.3 ou superior.
  • Tamén se pode acceder dende PDA e teléfonos móbiles que conten con Opera Mini 4.2 ou superior ou coa última versión de IE incluída en Windows Mobile 6.5 ou superior.
  • Para poder ver os vídeos e outra información en formato multimedia, requírese instalar Flash Player.
  • Todas as páxinas están desenvolvidas para unha resolución óptima de pantalla de 1024 x 768 e navegador configurado cun máximo de tres niveis de barras de ferramentas.
  • Tamén se ofrecen contidos segundo o estándar RSS 2.0. Para utilizar o servizo RSS, hai que instalar un programa chamado lector ou agregador ou un explorador de Internet que soporte este estándar.