Gobierno de España. Ministerio de Hacienda y Función Pública. Abre nueva ventana Secretaría de Estado de Hacienda y Presupuestos - Secretaría General de Presupuestos y Gastos - Dirección General de Fondos Europeos
Administración Presupuestaria
Unión Europea

Aviso legal

La entidad titular del presente sitio web es la Dirección General de Fondos Comunitarios, adscrita a la Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos del Ministerio de Hacienda y Función Pública, y sede en el Paseo de la Castellana, nº 162, de Madrid (teléfono: 91.583.74.00).

O código fonte das páxinas do sitio web, os deseños gráficos, o software, os textos, así como o deseño e a estrutura da páxina están protexidos pola lexislación sobre os dereitos intelectuais, polo que se prohibe a reprodución total ou parcial sen citar a súa orixe ou solicitar autorización.

De igual modo, queda prohibida a reprodución total ou parcial dos contidos de calquera das páxinas deste sitio web sen citar a súa orixe ou solicitar consentimento, así como as modificacións, transformacións e descompilacións recoñecidas pola lei de propiedade intelectual.

A información contida nas páxinas deste sitio web procede, na súa totalidade, de fontes públicas e ten carácter simplemente informativo. A Dirección Xeral de Fondos Comunitarios non será responsábel dos posíbeis danos ou prexuízos que puidese ocasionar a utilización das informacións contidas na web para o inicio ou desenvolvemento de procedementos administrativos ou calquera outra cuestión de carácter privado. Os textos, normativas e documentos similares contidos na web presentan carácter simplemente informativo e non teñen carácter oficial, para o que é necesario acudir ás fontes administrativas oficiais correspondentes.

Os contidos das páxinas do presente sitio web deben utilizarse única e exclusivamente para uso persoal e privado, ficando prohibido o seu uso para fins comerciais ou para a realización de actividades ilícitas. O titular da páxina velará por que isto se cumpra, exercitando as accións pertinentes en caso de infracción.

Os ficheiros de datos solicitados nos servizos de caixa de correos e subscricións deste sitio web non conteñen datos persoais, nin o usuario debe proporcionalos para utilizar as funcións e ferramentas postas á súa disposición. A Dirección Xeral de Fondos Comunitarios non se responsabilizará das contestacións que se realicen a través das distintas direccións de correo electrónico que aparecen nestas páxinas, excepto a do propio departamento. A información obtida a través das caixas de correo contidas nesta páxina ten carácter simplemente informativo, sen que en ningún caso poida derivarse dela efecto xurídico vinculante ningún.

Se decide utilizar as ligazóns que se ofrecen neste sitio web, sairá do mesmo baixo a súa propia responsabilidade. Este sitio web non ten a obriga de comprobar as páxinas web de terceiros, o que o exime calquera responsabilidade con respecto ao contido dos devanditos terceiros sitios web. Tamén exclúe a responsabilidade relacionada cos resultados derivados do uso dos mencionados sitios web de terceiros, aos que o usuario accede segundo as propias condicións de uso deses sitios web.

O funcionamento do presente sitio web está regulado pola Dirección Xeral de Fondos Comunitarios, polo que está suxeito á lexislación española e baixo a competencia dos tribunais españois.

Este sitio web resérvase o dereito a actualizar ou mudar en calquera momento as condicións que se especifican. Aconséllase visitar este sitio web con regularidade para obter información sobre as condicións actuais.

Política de cookies

Para levar un seguimento das estatísticas de uso do sitio (por exemplo, número de visitas por páxina, horas e días de visita, etc.), o presente portal emprega a plataforma de análise estatística web: Google Analytics. A devandita plataforma fai uso de cookies para a obtención dos diferentes indicadores estatísticos.

As cookies son ficheiros creados no navegador do usuario polos sitios web que este visita, que lles permiten aos sitios web rexistrar a actividade do usuario co sitio. No seguinte enderezo pódense consultar o uso das cookies empregadas por Google Analytics: uso das cookies de Google Analytics nos sitios web.

Para navegar polo presente portal, non é necesario que vostede permita a instalación destas cookies: vostede pode inhabilitalas directamente no seu navegador.

 O presente portal segue a regulación legal e as directrices sobre política de cookies ditadas pola Axencia Española de Protección de Datos.